Wednesday 24 de April de 2024

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do Rego do Castro, no concello de Culleredo


― Os traballos desenvólvense nun treito de 350 metros de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Rutis

― As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle

― As accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito Galicia-norte

― A Xunta continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego do Castro, no concello de Culleredo.

Estes traballos estanse a desenvolver nun treito de 350 metros de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Rutis.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións contribuirán á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.